A Garda Civil intensificará os controis de alcoholemia e drogas a condutores durante o Entroido.

Imprimir
control-guardia--647x231

Dende este venres 13 até o domingo 22 de febreiro patrullas da Garda Civil desenvolverán unha campaña de vixilancia en "todo tipo de carreteiras" e "a calquera condutor" con fin de disuadir a condución baixo efectos do alcohol e as drogas. Advirten que o binomio alcohol e drogas é "sinónimo de morte", polo que axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil comprobarán que os condutores cumpran a normativa vixente.


Aínda que a vixilancia sobre estes consumos "é permanente", o Subsector de Tráfico, salienta que durante estas festas intensificaranse os puntos de verificación en vías de comunicación cara a aquelas localidades que tradicionalmente celebran os diferentes entroidos.
Recordar tamén, que a sanción por conducir con drogas ou alcohol no organismo é de 1000 euros e 6 puntos menos no carne, á vez que podería chegar a ser delito "dependendo da sintomatoloxía ou si se vese involucrado nun accidente".