Pediatras do Val Miñor súmanse ao pedido de retirar as bandexas plásticas dos comedores escolares.

Imprimir
bandeja inox plastico

O colectivo de profesionais sanitarios relacionados coa saúde infantil nos tres concellos do Val Miñor pronúncianse a prol de retirar as bandexas plásticas dos comedores escolares da bisbarra. Médicos pediatras, enfermeiras pediátricas e comadroas emitiron un comunicado este xoves ,“de acordo á responsabilidade inherente ao seu cargo” no que recomendan ás autoridades locais e empresas involucradas nos servizos de catering, aplicar o principio de precaución ante os informes desfavorable que a súa utilización ten acadado en informes da Organización Mundial da Saúde (OMS). O escrito ben a fornecer o reclamo iniciado por un grupo de nais e pais do CEIP Souto Donas a principios de abril e que agora atópase a estudo das ANPAS da bisbarra.

Advirte que embarazadas e crianzas son “especialmente vulnerables”.

Os profesionais sanitarios emiten a súa opinión tras ser  informados polos colectivos de pais, que nos comedores escolares da zona os alimentos se están a servir en bandexas de plástico reutilizables, nas cales se verten alimentos quentes. Ante iso, o colectivo advirte que “está demostrado que algúns produtos plásticos son disruptores endócrinos, é dicir, alteran el equilibrio do sistema endócrino dos seres humanos”. Engaden que este efecto é máis significativo cando se somete dito plástico ao calor. Sendo as embarazadas e as crianzas “especialmente vulnerables”, a isto.

Se está a facer “o menos recomendable”.

Afirman que aínda que a lexislación vixente non ten en consideración o resultado de ditas investigacións, se está a facer “o menos recomendable: reutilizar, lavar e verter alimentos quentes neste tipo de recipientes”.

Aplicar o principio de precaución

Recomendan que mentres a lexislación non se adapte a estes achados, se aplique o “principio de precaución”, ante a dúbida de que podan ser prexudiciais para a saúde, “os colexios e servizos de catering deben actuar con cautela e anticiparse ao dano diminuíndo a exposición e utilizando outro tipo de recipientes” como a louza ou aceiro inoxidable.

Gondomar procura unha alternativa

Neste senso o Concello de Gondomar tras recibir 4.900 sinaturas en apoio á retirada das devanditas bandexas, comprometeuse a  procurar algún tipo de puntuación na vindeira licitación do servizo que incentive ás empresas presentar alternativas de bandexas noutros materias.