Concentración cidadán do Val Miñor ás 20 horas na Ramallosa para reclamar a República.

Imprimir
rep2 1

BNG, Anova, EU, A Esquerda, a Xunta Repúblicana e outras entidades chamaron á mobilización este luns para preclamar unha República tras a decisión do actual monarca español, Juan Carlos de Borbón de abdicar da coroa. Por iso, chaman a participación en diversas concentración que terán lugar este luns en diferentes cidades e vilas galegas. No Val Miñor xa está a circular nas redes unha convocatoria aberta para todos aqueles cidadáns que desexen apoiar o reclamo pola República a concentrarse ás 20 horas na Ramallosa.

A abdicación nas redes.

Dende que a media mañá o presidente do goberno Mariano Rajoy fixo pública a abdicación do rei Juan Carlos, catro tendencias están á cabeza dos chíos nas redes: #ElReyAbdica ,

#APorLaTerceraRepublica , #ProcesoConstituyente , #EligeTuRey , #ReferendumYA . Todos eles vencellados ao troco na xefatura do Estado.

As manifestacións previstas son as 20 horas:

Val Miñor. Na contorna da Ponte da Ramallosa.

Vigo. Rúa do Príncipe, diante do Marco.

A Coruña. Praza de Ourense, perante a Delegación do Goberno español.

Lugo. Praza maior, perante a Casa do Concello.

Pontevedra. Praza da Peregrina.

Ferrol. Praza do Himno Galego.

Ourense. Praza Maior.

Santiago. Praza do Toural.

Foz. Parque Conde Fontao.

Coa colaboración de Galicia Confidencial