Acto comarcal de Alternativa Galega de Esquerda en Europa este venres na Ramallosa.

Imprimir
carlos

AGE desenvolverá o seu primeiro mitin da campaña electoral cara ás europeas este venres 16 de maio, ás 20 horas na Ramallosa. A actividade se desenvolverá fronte á capela de San Campio e contará coas intervencións do candidato ó Parlamento Europeo Carlos Lorenzo Simón, acompañado do deputado do parlamentar de AGE Juan Fajardo e o Vicecoordinador de Política Institucional de Espazo Ecosocialista Galego Manuel Dios. O acto será presentado por Xosé Crego, de Anova-IN.