
A popa do Prestige non foi sometida finalmente ao proceso de biorremediación como estaba previsto por falta de tempo, xa que as malas condicións climatolóxicas demoraron o traballo na zona e impediron levar a cabo a operación, indicaron fontes da compaña Repsol. Sen embargo, os peritos consultados aseguraron que o fuel que se calcula que pode haber na popa, unhas 700 das 77.000 toneladas que transportaba o petroleiro, non representa un perigo dado que a cantidade é «muy pequeña» e se degradará de forma natural co tempo.
O proceso de biorremediación, que se aplicou á proa do petroleiro, asi como ás zonas afectadas polo vertido de fuel en terra, é unha técnica de limpeza que consiste en estimular as bactérias que se alimentan do petróleo, para que elimine mais o hidrocarburo.
Ler nova completa da Voz de Galicia