O mércores Galicia quedará nunha zona de transición á espera dunha nova fronte que nos afectará na madrugada.
Así, continuaremos cun réxime de ventos do sudoeste, que deixarán unha xornada de intervalos anubrados con chuvias de carácter intermitente. A cota de neve estará arredor dos 900 metros nas primeiras horas subindo rapidamente a 1200 metros pola tarde.
Cara á noite, os ceos quedarán cubertos con chuvias xeneralizadas en toda a Comunidade.
Alerta vermella no mar
Unha nova borrasca deixará ondas superiores aos 8 metros, con ventos intensos no litoral norte durante a primeira metade do día.
As temperaturas mínimas ascenderán mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará forte do sudoeste en xeral.
Estragos no Val Miñor
O paso do temporal Petra causou numerosos estragos no Val Miñor. Aos xa habituais desbordamentos do río Miñor no centro de Gondomar, hai que sumar o continuo azote que leva sufrido o paseo marítimo de Panxón detrozado xa pola acción do mar nos últimos temporais, así como o desprendemento na fonte do Campelo na Granxa en Belesar.
Tamen sufriron danos as pontes de madeira do trampo perimetral do Camping na praida da Ladeira así como o paseo de madeira que conecta a praia da ladeira coa ínsua de Santa Marta en Baiona.
Achegarse ao mar.
Os curiosos seguen achegándose ao mar para contemplar a bravura das mareas vivas destes días. Moitos son os que critican que se permita a circulación pola estrada Baiona - A Guarda no tramo do Rompeolas ante a perigosidade da rompente do mar que na anterior vaga levou por diante parte dos petrís de pedra do muro así como o valado do garda raíl.