Novo temporal e nova alerta laranxa por rachas de vento

Imprimir
Foto 1punto1 Fotografia

Galicia atoparase dende hoxe martes na influencia dunha profunda borrasca que deixará un novo episodio de ventos moi fortes en toda a Comunidade e chuvias intensas en Pontevedra.

A alerta laranxa exténdese á costa e interior e mañá tornará a unha alerta vermella no mar.

 

Deste xeito a chuvia irá entrando de oeste a leste durante a mañá e pola tarde será xeneralizada e de intensidade moderada, aumentando a forte en Pontevedra e sur de A Coruña.

A cota de neve estará nas primeiras horas nos 1200 metros, ascendendo rápidamente durante o día, para volver a descender á noite aos 1000 metros.

As temperaturas sen cambios ou en lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do sudoeste fortes con intervalos moi fortes ao mediodia e primeiras horas da tarde.

Para mañá unha nova borrasca deixará ondas superiores aos 8 metros, con ventos intensos no litoral norte durante a primeira metade do día.