Usuarios do transporte público mobilízanse na procura de solucións aos recortes de servizo no Val Miñor.

Imprimir

-Máis dun centenar de usuarios da bisbarra conforman unha plataforma de defensa do transporte público
-O BNG presenta escrito ao alcalde de Gondomar para que o Concello ratifique o acordo da Mancomunidade para a mellora das liñas de transporte.

Máis dun centenar de veciños da bisbarra do Val Miñor, decidiron conformar unha plataforma en defensa do transporte público, tras os drásticos recortes de quendas e traxectos aplicados polas empresas concesionarias nos últimos meses. A reunión tivo lugar o pasado sábado no Centro Neural de Gondomar, onde se analizou a actual situación pola que atravesan diversas localidades da comarca, practicamente illadas, logo das modificacións. Nos próximos días a nova plataforma dará a coñecer as medidas que levará adiante na procura dunha mellora substantiva do servizo.
Por outra banda, o BNG presentou este martes un escrito ao alcalde de Gondomar, Fernando Guitián no que pide que traslade ao Pleno que se reunirá o vindeiro xoves a ratificación do acordo da Mancomunidade do Val Miñor para a mellora das liñas de transporte da comarca.