
A revista A Nosa Terra do 25 de xullo de 1942 apresentaba asà o tema:
â??A Irmandade Galega, nunha felis inspiración patriótica, tomou o acordo de instituÃr como DÃa dos Mártires Galegos a data do 19 de agosto (un erro evidente de imprenta). Nun dÃa como ise do ano 1936, as forzas negras da reaución nemigas da liberdade de Galicia e treidoras a República Hespañola, fusilaron ao mártir máisimo da Patria Galega: Alexandre Bóveda, segredario do Partido Galeguista.
Ningunha data máis axeitada que isa, pra nela lembrar e honrar aos milleiros de galegos que foron fusilados polo seu â??delitoâ?? de querer a AutonomÃa de Galicia e de ser leiales a República Hespañola. Isa data, DÃa dos Mártires Galegos, ficará consagrada na ialma do pobo galego como xusta eisaltación dos que deron o seu sangue e a súa vida pola nosa sagra Terra e ficará como eterna maldizón para os treidores de Galicia e pra os que decretaron i executaron as mortes dises milleiros de irmáns nososâ??.
Hai xa 68 anos que o exército sublevado fusilou na Caeira, en Poio, ao galeguista Alexandre Bóveda. Na memoria do deputado ourensán e do resto de vÃtimas republicanas da Guerra Civil celebramos o "DÃa da Galiza Mártir". O concello de Poio acolleu na mañá deste martes un acto en memoria de todos eles. Vexan tamén as seguintes ligazóns de Vieiros: