Os socialistas rexistran no parlamento galego catro preguntas sobre a reducción dos servizos de ATSA

Imprimir
O deputado do PSdeG PSOE Abel Losada onte na sede dos socialistas de Nigrán

O PSdeG PSOE rexistrou onte ás 9:45h catro preguntas á comisión do Parlamento Galego referidas á solicitude da concesionaria de eliminar varias liñas de servizo no Val Miñor e Baixo Miño.

 Os parlamentarios  Abel Losada Álvarez, Manuel Gallego Lomba e Carmen Gallego Calvar, presentaron por rexistro varias preguntas dirixidas ao presidente do goberno galego, Núñez Feijoo.

O escrito sinala que a concentración de pobuación da área metropolitana de Vigo esixe unha rede de transporte axeitada, que favoreza e permita a mobilidade das persoas e critican o retraso na coordinación dun transporte para toda a área metropolitana comprometido polo goberno de Núñez Feijoo.

Os parlamentarios socialistas critican tamén que a proposta de reestruturación do transporte público pase pola eliminación de liñas que afectan ás comarcas do Val Miñor e Baixo Miño sinalando que a "redución de frecuencias ou a desaparición de parte dos itinerarios que se anuncian resultan incompatibles co obxectivo da prestación dun servizo público de calidade e acorde cos tempos actuais." como acontecería nas parroquias de Chandebrito e Belesar.

As 4 preguntas dos parlamentarios galegos foron as seguintes: 

1.ª) Vai a Xunta de Galicia a permitir a pretensión da súa concesionaria e aceptar as peticións formuladas pola empresa ATSA ?

2.ª) Cales no seu caso?

3.ª) Considera que esta formulación é congruente coa potenciación das áreas urbanas na Comunidade Autónoma ?

4.ª) Solicitou información previa a todos os concellos afectados e, no seu caso, con que resultados ?