Carlos Aymerich e Guillerme Vázquez presentan o programa do BNG no Val Miñor.

Imprimir
carlos aymerich_bng

O cabeza de lista por Pontevedra do BNG, Carlos Aymerich xunto co portavoz nacional, Guillerme Vázquez brindarán unha charla coloquio este sábado 22 de setembro ás 20h no Hotel Soutomaior de Nigrán. A actividade está organizada polas tres agrupacións municipais do Bloque no Val Miñor, as que convidan á veciñanza a presentar as súas inquedanzas aos candidatos.

 

No acto, tamén intervirán o concelleiro Xavier Rodríguez (Nigrán) e Marta Dacosta (Gondomar), candidata número 6 por Pontevedra, na lista do BNG ás eleccións autonómicas.