Os novos centros de saúde do Val Miñor terán menos servizos cos orixinalmente proxectados.

Imprimir
novos centros_saude

 

 

O tamaño do centro de saúde de Gondomar diminue nun 43% e o de Panxón nun 13% en relación os proxectos orixinais.

O proxecto final dos novos centros de saúde a construír pola Xunta de Galicia en Nigrán e Gondomar terán menos servizos que os contemplados no seu orixe. O feito foi denunciado polas agrupacións miñoranas de Esquerda Unida, logo de analizar o acordo da Xunta de Galicia do 1 de agosto de 2012, e a publicación do DOG do día 10, onde o ente autonómico autorizou o expediente para a contratación conxunta da redacción dos proxectos, dirección de obras, mantemento e subministración enerxética de 15 novos ambulatorios.

 

 

Concretamente en Panxón vaise a construír 4 consultas menos, unha de pediatra, outra de medicina xeral e dúas de enfermería, ademais dunha sala polivalente menos, aseguran dende EU. Pola súa parte en Gondomar vaise a construír 6 consultas menos, unha de pediatría, dúas de medicina xeral e tres de enfermería.

Para os portavoces José Cuevas (Nigrán) e Josue Villar (Gondomar), "isto supón unha diminución da calidade da asistencia sanitaria en atención primaria e unha política errónea por parte da Xunta de Galicia por non potenciar a atención primaria". A este feito, agregan , "se lle une a eliminación parcial dunha ambulancia do 061 en Baiona realizada o ano pasado, que se ia a repoñer no verán. Actualmente en determinadas franxas horarias hai unha ambulancia para unha poboación de máis de 100.000 persoas entre residentes e veraneantes".

A superficie útil do centro de saúde de Gondomar con respecto ao proxecto existente na actualidade diminue nun 43%, pasando de de 1832 a 1039 metros cadrados de superficie útil construida. No mesmo senso redúcese a superficie útil do centro de saúde de Panxón nun 13%, pasando de de 892 a  770 metros cadrados de superficie útil construida.