A casa familiar de Castelao debe ser patrimonio do país

Imprimir
CastelaoCon estas liñas, publicadas nun xornal da bisbarra, pretendíase facer fincapé na necesidade de encetar unha tarefa colectiva que permita adquirir para o desfrute público a vivenda de Castelao en Rianxo. Resulta inexplicábel como segue en mans privadas e sen acceso público á documentación que agocha.

Rianxo. Non hai outro concello que dispoña en tan poucos quilómetros de literatos tan emblemáticos como os Dieste, Castelao, Manuel Antonio, Brea Segade, Rey Romero� Cando algúns concellos teñen que se basear nunha soa figura para un proxecto, deseñar itinerarios culturais, impulsar un arquivo, biblioteca ou mostra, ou abrir un museo, nós en Rianxo temos tres, catro ou cinco referentes de calado. Pero hai unha preferencia manifesta na nosa nómina de ilustres: Castelao.

Castelao é a figura máis recoñecida do noso país por toda a sociedade galega. Non temos outro persoeiro equivalente na historia galega pola súa dimensión humana, creadora e significación política. Sen embargo, a casa familiar, que sería obxecto de peregrinaxe laica e de homenaxe humana de todos os galegos e galegas, está fechada para o aproveitamento público. Nestes momentos en que se realizan esforzos de recuperación da memoria histórica das vítimas da represión franquista, a casa garda tamén documentación interesantísima sobre a vivencia humana das irmás de Castelao, vítimas tamén elas do réxime opresor.


Ler noticia completa en Vieiros: