
Rianxo. Non hai outro concello que dispoña en tan poucos quilómetros de literatos tan emblemáticos como os Dieste, Castelao, Manuel Antonio, Brea Segade, Rey Romero� Cando algúns concellos teñen que se basear nunha soa figura para un proxecto, deseñar itinerarios culturais, impulsar un arquivo, biblioteca ou mostra, ou abrir un museo, nós en Rianxo temos tres, catro ou cinco referentes de calado. Pero hai unha preferencia manifesta na nosa nómina de ilustres: Castelao.
Castelao é a figura máis recoñecida do noso paÃs por toda a sociedade galega. Non temos outro persoeiro equivalente na historia galega pola súa dimensión humana, creadora e significación polÃtica. Sen embargo, a casa familiar, que serÃa obxecto de peregrinaxe laica e de homenaxe humana de todos os galegos e galegas, está fechada para o aproveitamento público. Nestes momentos en que se realizan esforzos de recuperación da memoria histórica das vÃtimas da represión franquista, a casa garda tamén documentación interesantÃsima sobre a vivencia humana das irmás de Castelao, vÃtimas tamén elas do réxime opresor.
Ler noticia completa en Vieiros: