
O acto consistirá nun xantar (ás 14,30 h.) no restaurante Aniceto, Avda. de
Santiago nº 177 (cruce coa estrada de PortomarÃn), Lugo
Podedes ver e descargar a fermosa tarxeta de invitación en
www.redesescarlata.org/descargas/tarxetarvb.jpg
Para confirmar asistencia ao xantar (menú 18 euros) usa o seguinte enderezo
de correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
ou os teléfonos: 986780867, 676898369, 689836086
Data lÃmite o 3 de xuño.
Reunidos na Rúa Nova de Compostela X. Antón L. Dobao, X. M. GarcÃa Crego, Rosa López Fernández, Manuel Lourenzo e X. L. Méndez FerrÃn o dÃa 18 de Marzo de 2004, data na que se conmemora a constitución da Comuna de ParÃs en 1871, procederon do seguinte modo.
Examinaron as bases argumentativas establecidas polas Redes Escarlata a fin de crear o PREMIO ROBERTO VIDAL BOLA�O que, a partir do presente ano e en todo o tempo futuro, vai galardoar unha persoa, grupo ou movemento que destaque polo seu compromiso coa emancipación das clases populares na súa diversidade de expresións de loita e resistencia e coa construción da República Galega, coa nosa cultura e coa nosa lingua.
Procederon decontado e en consecuencia a se constituÃr en xuri para conceder o PREMIO VIDAL BOLAÃ?O do ano 2004. AsÃ, asumÃronse como vocais X. Antón L. Dobao, Rosa López, Manuel Lourenzo e X. M. GarcÃa crego, e como secretario de acta X. L. Méndez FerrÃn, que agora labra esta.
Logo de analizaren diversas propostas e de someter cada unha delas a debate, acharon que o noso mundo e Galicia están a vivir un duro tempo de represión dos dereitos e conquistas dos traballadores e resto do pobo. O dereito á libre expresión e o dereito a convocar e levar adiante folgas económicas e polÃticas precedidas de propaganda en forma de piquetes constitúen logros históricos que os poderes da burguesÃa, directa e activamente asistidos polas forzas de policÃa e polos xuÃces, delambos en función represiva, tratan de facer desaparecer.
Considera o xuri que a brutal represión xudicial, precedida de actuación policÃaca, exercida en Lugo contra Xosé Guillerme Rei Rouco, Xosé L. Trigo Cruzado e Xosé Méndez Torres por teren formado parte dun piquete obreiro en ocasión da Folga Xeral de xuño de 2002, é unha amargue amósega da situación terrorÃstica na que nos atopamos na actualidade. E considera terrorÃstica a situación o xuri porque:
- Xosé Guillerme Rei Rouco foi condenado a tres anos e tres meses de cadea por un "delito contra a liberdade dos traballadores", mais dous anos por un "delito de atentado á autoridade", mais sete meses "por lesións".
- Xosé L. Trigo Cruzado foi dondenado a tres anos e seis meses por un "delito contra a liberdade dos traballadores", mais un ano de cadea por un "delito de atentado á autoridade".
- Xosé Méndez Torres foi condenado a tres anos e seis meses de cadea por un "delito contra a liberdade dos traballadores" e mais a catro fins de semana de arresto domiciliario por un "delito de agresión".
Vistas as cousas, os concorrentes decidiron por unanimidade conceder o I PREMIO ROBERTO VIDAL BOLA�O A Xosé Guillerme Rei Rouco, Xosé L. Trigo Cruzado e Xosé Méndez Torres, os cales hoxe representan a dignidade do proletariado en Galicia.
Do cal, como Secretario dou Fe,
X. L. Méndez FerrÃn