As nosas festas populares en perigo pola SGAE

Imprimir

A Sociedade de Autores reclamalle 2.144 euros aos organizadores do festexo de Liñares
En Beade e Valladares tamén receberon cartas de aviso para que estrumen a taxa do 7%.

Esta entidade pretende cobrar aos organizadores das festas de acceso gratuito un 7% do orzamento, como compensación polos direitos de autor da música que soa nas verbenas públicas. A ofensiva da SGAE en Vigo comezou pola paróquia de San Miguel de Oia, onde se celebra cada ano a festa de Liñares. Concretamente, exixen 2.144 euros aos organizadores da romaria.

A primeira batalla xudicial entre a Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) e as principais festas populares da cidade desenvolveranse o próximo día 24 nos tribunais de Vigo. En xogo está o futuro do medio centenar de festexos que se celebran cada ano nos barrios e parroquias, que ven os seus presupostos ameazados por un canon da SGAE.

Non obstante, o presidente do comité de festas de Liñares adverte de que esta reclamación xudicial só é o princípio dunha campaña en toda regra, coa que a SGAE pretende aplicar o canon do 7% a todas as celebracións nas que haxa música. «Empiezan por nós pero todas as festas imos xuntas, porque sabemos que se se saen coa sua teremos todos graves problemas», explica José Porín Porto, presidente da comisión de Liñares.

As paróquias, unidas

Esta comuñon de intereses fica tamén plasmada nas palabras do presidente da coordinadora de comités de festas de Vigo, Gabino Goberna, que sinala que seguirá o xuízo con moita atenzón. «Si perdemos, non nos vai ficar mais remedio que tomar medidas drásticas. Reunimo-nos varias veces e estamos dispostos a cancelar todas as festas, porque se hai que pagar esa cantidade que peden, non nos dará o presupuesto», comenta, resumindo o sentir xeral da vintena de comisions de festas consultadas Pola Voz. Dous deles, o de Valladares e o de Beade poderian ser as próximas que se enfrenten a un proceso xudicial, dado que xa receberon a reclamación económica da SGAE.

Dous séculos de história

A situación mais delicada dáse na festa de Liñares, unha celebración con mais de dous séculos de história. Ainda no caso de que gañasen o xuízo, o festexo terá que facer fronte ás disensions existintes entre os organizadores, que poderian dar ao traste coas verbenas do mes de setembro.

Ainda que de momento, o que mais preocupa en Liñares é o xuízo. «Vinieron dous dias antes da festa e dixeron-nos que tíñamos que pagar mis de euros, unha animalada, 100.000 pesetas das de antes por cada dia de celebración. Pero se nos peden 150 euros por cada pasacalis e o redor de 300 por concerto! Iso é un imposto revolucionário que nunca habíamos pagado», argumenta indignado o presidente da comisión deste histórico festexo popular de San Miguel de Oia.

www.lavozdegalicia.es