Tentando de novo á sorte

Imprimir

O gaseiro Henriette Kosan, que sofreu duas avarias fronte a Fisterra e Estaca de Bares o pasado fin de semana, atracou pola noite no porto de A Coruña despois dunha xornada de incertidumbre sobre o seu destino. O temporal que peta a costa e o feito de que o buque non fose inertizado, a pesar de que navega en lastre, provocaron unha sucesión de ordes e contraórdens até que o barco entrou, sen problemas, no muelle de San Diego.

Como xa se informou, o motor do Henriette Kosan fallara por segunda vez o domingo, a 15 millas de Estaca de Bares. Esa noite, o Ibaizábal conseguiu dar-lle remolque, con ventos de 70 quilómetros por hora, e conduciu-no ao porto coruñés para ser reparado.

Asi, onte pola mañá o mercante estaba fronte á torre de Hércuis. Antes dos dez, pediu permiso para atracar e a Autoridade Portuária lle asignó o muelle do Centenario. O buque iniciou a manobra, remolcado polo Ibaizábal , pero tivo que dar volta. Non estaba clara a información sobre os restos de gas que podian conter os seus tanques, e o muelle petroleiro, adaptado para acometer unha desgasificación se fose necesário, resultaba desaconsejabel por estar nunha ubicación mais exposta ao oleaje.

á espera

O Henriette Kosan, portanto , pasou tarde-a fondeado a catro millas da Torre, á espera dunha decisión definitiva. �sta chegou o redor dos seis. Tras constatarse por escrito que os resíduos da carga non oferecian perigo, Capitanía e a Autoridade Portuária autorizaron a entrada en A Coruña. O gaseiro ficou amarrado no muelle de San Diego ás dez da noite, despois de que remitise o temporal e garantise-se a seguranza da manobra.

O capitán marítimo, Serafín Díaz, explicou que os resíduos do mercante son inocuos. Son dez toneladas de propileno en forma de vapor, procedintes da última descarga. «Una cantidade mínima, que non entraña nengun perigo e menos nun buque como éste, equipado con tanques aboiantes e dobre válvula de seguranza -indicou-. Risco si houbese -engadiu- se o deixamos pasar a noite a catro millas da Torre, sen máquina e con doce homes a bordo».

Pero o Henriette Kosan non foi o único barco que estivo en problemas nas últimas horas fronte á costa galega. O quimiqueiro Jo Ebony , que viaxa desde Agadir (Marruecos) até Rotterdam, se ficou sen goberno o sábado a só once millas de cabo Vilán, en meio dun forte temporal con vento do Noroeste. Foi remolcado polo Ria de Vigo mar afueira e logrou seguir a sua travesia cara Holanda polas suas próprias meias, unha vez que foi reparada a avaria.

www.lavozdegalicia.com