Despiste lingüístico no perfil oficial da Xunta de Galicia en Facebook no Día das Letras Galegas.

Imprimir
lois_pereiro_b_y_n

A chegada do Día da Letras Galegas espertou en diversos medios oficiais o interese en publicar e difundir a obra e vida do poeta homenaxeado nesta edición 2011, Lois Pereiro.  A Xunta de Galicia, ademais, emitiu unha declaración institucional sobre o punto, divulgada nesta xornada por Valminor.info. O perfil oficial do goberno autonómico na rede Facebook quixo tamén achegar unha biografía do autor para aqueles que non o coñecían o quixeran afondar na súa información. Para iso colocouse un enlace ao capítulo que sobre Lois Pereiro ten aloxada a web Wikipedia, pero non se tomou en conta que a devandita ligazón remite a versión en castelán e non á  galega. Entre outros trastornos, a poesía aparece traducida ao castelán, e pode lerse : “Escupidme encima cuando paséis por delante del lugar donde yo repose, enviándome un húmedo mensaje de vida y de furia necesaria”, a cambio da orixinal “Cuspídeme enriba cando pasedes por diante do lugar onde eu repouse, enviándome unha húmida mensaxe de vida e de furia necesaria.”