A mancomunidade pide melloras para o GRUMIR

Imprimir
Reunión dos alcaldes do Val Miñor con Mendez Romeu
Os alcaldes da Mancomunidade do Val Miñor, este ano presidida polo Alcalde de Baiona, D. Xesús Vázquez Almuiña,  reuníronse co Conselleiro de Presidencia, D. Xosé Lois Méndez Romeo co obxectivo de presentarlle as necesidades que a Mancomunidade do Val Miñor ten nestes intres, como invertir na mellora do servizo do Grupo de Intervención Rápida (Grumir) de Nigrán, co obxectivo de que redunde nunha mellora dos servizos para os veciños da comarca. 
Na reunión os alcades trasladaron ao Conselleiro o interese da entidade en participar nos proxectos que se poñan en marcha dende a Xunta en relación coa cooperación entre concellos. Tamén falouse da necesidade de crear un parque de bombeiros, o rexedor sinalou que barallaron dúas hipóteses, comarcalizalo de Vigo ou ben crear un novo no sur da provincia. Remataron a reunión co compromiso por parte de Méndez Romeo de dar unha contestación antes de marzo