O IES Escolas Proval de Nigrán imparte clases de Educación Vial.

Imprimir
Como unha actividade complementaria, vense impartindo un curso de Educación Vial para os alumnos maiores de 16 anos dos cursos 4º da ESO, 1º e 2º de bacharelato e os Ciclos Medios e Superiores de Electrónica e Administrativo.

A finalidade é que tódolos que están en idade de poder circular con algún tipo de vehículo, melloren os seus coñementos e tomen conciencia do perigo que supón pilotar calquera das máquinas que a sociedade actual pon nas súas mans. A experta en Seguridade Vial e Conducción Ana Barbero, está desenrolando un programa de sesións que terán o seu ecuador iste venres 16,  con unha clase práctica, na que perante a mañan estará nas instalacións do IES un vehiculo de competición, Ford Escor WRC,carrocería nº 93 dun total de 95 que hai no mundo,  de máxima cilindrada e preparación, que está participando no Campeonato de España de Rallyes pilotado por Toño Villar.

O obxectivo de ista clase práctica e comparar as diferenzas entre un vehiculo normal, dos que circulan por as estradas e un deportivo que só poden circular en circuitos pechados e en probas controladas. Facer notar a diferenza entre a conducción deportiva e a normativa,  que todos temos que facer para evitar accidentes e desgrazas.

Sabedores do tiron dos deportes de motor e a contradicción coas normas reais de circulación, e polo que se intenta achegar aos nosos alumnos iste programa que pretende concienciar aos conductores futuros da necesidade de ver e utilizar os vehículos como unha ferramenta ao noso servicio para transportarnos, e non outra cousa que, por desgraza, se está a converter en unha fonte de disgustos e nunha lacra para a nosa sociedade, con un índice de accidentes dos máis elevados da CEE.

Ás 12,20 do venres 16 de novembro, perante o segundo recreo tódolos alumnos poderán asistir as explicacións que istas dúas semanas se deron a cada  grupo, en varias sesións,  e que terán continuidade no mes de decembro nunha segunda parte do programa a desenrolar.