A Fiscalía abre dilixencias ao ver indicios de delito na contaminación das rías

Imprimir
Verquidos ilegais no esteiro da Foz

A Fiscalía de Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) admitiu a trámite a denuncia presentada pola Federación Galega de Confrarías de Pescadores por "a contaminación grave ou moi grave da práctica totalidade das rías". A Fiscalía do Tribunal Superior ve "indicios de delito ambiental" e decidiu abrir dilixencias e investigar, segundo confirmaron onte o secretario xeral da federación, Xan López, e unha das avogadas desta organización, que defende os intereses de vinte mil profesionais da pesca de baixura e o marisqueo.