O tamaño dos cans

Imprimir
danes-chi

Non sei se haberá algún estudo que apunte as variacións dos tamaños dos cans ao longo do tempo. Non me refiro aos do crecemento de cada can, nin os tamaños propios de cada raza, refírome ao tamaño dos cans que a cotío vense nas rúas dos pobos ou nos eidos do rural.

Certamente cada vez vense cans mais pequenos, por veces pequerrechos de todo. Sobre todo nos pobos grandes, nas cidades. Unha razón puidera ser os tamaños das vivendas, que mais se asemellan a currunchos habitados, nos que desde logo non hai espazo “nin pra o can”. Por iso as mais das veces, o can que os donos teñen, se o teñen, e un can pequeno e se pode ser pequerrecho mellor. Non é imaxinable un can do porte dun da raza Mastín, ou un Dogo Gran Danes, e xa non digamos un San Bernardo, metido nun piso ou un apartamento. Nin sequera doutros tamaños mais pequenos como os empregados para a caza -Un Setter, un Braco ou un Pointer- poño por caso.

Ademais os cans, nesas vivendas, xa non cumpren a funcións de gardiáns ou de defensa. O seu cometido queda reducido a “animal de compaña” ou “mascota”. Os cans de compaña fan unha labor social moi importante pois maioría das veces son os depositarios do agarimo dos seus donos que lles falan coma se foran xente da familia que xa non teñen ou non conviven con eles. Neste grupo encóntranse os maiores, os que deron en chamar “da terceira idade”.

Fora do noxento que é ter un can nun piso ou nun apartamento pois compre sacalo a que faga as súas necesidades, e da pena ver a moitos deses maiores, que móvense con certa dificultade, agacharse para recoller os excrementos do can cumprindo cos ditados medio ambientais, ou velos forzados polo can, que case os fai bater o corpo no chan, porque quer ir mais lixeiro para uliscar no tronco dun árbore, mexar na roda ou defensa dun coche –alleo, por suposto, que non sei que lles parecería que a mexada corrosiva do can lle tocase ao seu coche-, ou correr detrás doutro can para cheirarlle o cu e saber se can ou cadela e no caso, saber se esta en celo e dispoñible. Se o can é pequeno aguantase se non….

Pero tamén é unha cuestión de modas. Fai tempo soamente moi contada xente lucia cans pequenos, pequerrechos, pequerrechiños de vez, como facía o músico, famoso no seu tempo, Xavier Cugat, que a mais de lucir polo mundo enteiro –tamén por Galiza paseando nun “haiga” da marca Tunderbird- unha tan boa moza coma Abbe Line, lucia na man ou no peto do saco un canciño Chiguagua.

Agora míranse moita xente levando canciños, moi ben axeitados, con laciños e todo, nos brazos coma se foran nenos e van con eles a todos os lugares, o bar a tomalo aperitivo, ao café ou calquera outro lugar onde amosalos moi fachendosos

Algúns destes cans son coma copias en pequeno de cans de razas mais grandes e dan a aparencia cans “jibarizados”, como alguns Bulldog ou Dogos franceses.

Tamén no rural notase que os cans mingúan de tamaño, pero non tanto, pois o can mais común era o “Can de palleiro” que non era de moi grande tamaño, nin por suposto de raza coñecida, pero gañan en liberdade. Os eidos estaban mais abertos e o can, cumpría con “dar a xente” e para que non a atacase encadeábase ao “palleiro” –diso lle ven o nome- ou a un longo fío de arame que corría dende a entrada do eido ao carón da casa. Agora, a maioría dos eidos están mais pechados e os cans andan soltos dentro do eido e páseselle ao visitante a responsabilidade de calquera ataque do can co aviso cun cartel que pon, “Ollo co can”. Deste xeito, tamén os cans son de razas mais agresivas e perigosas –os Pitbull ous os Rottweiler- co coitado do “can de palleiro” que era, e é, “can ladrador pouco mordedor”

 

Este escrito foi publicado o día 02-11-2008, na web www.valminor.info, coma comentario da nova “A lentitude no rexistro de cans perigosos en Vigo despraza o empadroamento de persoas a Nigrán”.