As campás da Igrexa de Santa Cristina seica trouxeron problemas polo seu tañido nocturno. Co ensoñador artigo do bo de Iglesias Viqueira no Faro de Vigo, titulado “
El reloj también duerme“, digno de lectura e reflexión, podemos saber que algún veciño se queixou ao noso Alcalde do molesto que era escoitar 24 badaladas ás 12 da noite, polo que sen falta o señor Almuiña intercambiou opinións co párraco de Santa Cristina e éste procedeu a eliminalas.
Quizáis o máis adecuado fose substituir as 24 badaladas por unha sinal máis discrita, pero en cuestións técnicas xa non nos metemos. O asombroso do asunto é que agora temos a máis veciños molestos pola ausencia das badaladas que polo seu efecto pernicioso. Os defensores, ainda por riba, son os residentes máis inmediatos á igrexa.
Hai momentos na vida en que un sonido queda ligado a un cálido sentimento, como o baixar das cancelas do bar do noso barrio, que deixamos ligado na nosa infancia ao momento máis plácido do día, xusto antes de ir a durmir e cando os noso pais nos viñan dar as boas noites cun bico na meixela e na fronte. O subconsciente xóganos malas pasadas, pero non debemos esquecer que sons ou feitos que para nós son agradables, obxectivamente son unha auténtica molestia para os demais veciños. De momento que lean o artigo do amigo Viqueira, polo menos vánselle serenar os ánimos.
Máis información en baionaconsciente.blogaliza.org