Papeis queimados e a LOPD

Imprimir
O cambio de cor na comarca do Miñor parece ser unha realidade a falta do acordo en Nigrán e Gondomar. Todos coinciden en dicir que son máis as ideas comúns que os unen que as diferenzas i é que o desencanto político dos veciños e veciñas do Val Miñor é notable despois dos incidentes de urbanismo, corrupción e terrorismo.

Estes días saltou á prensa o incidente dos papeis queimados de dúas concellalías do concello de Gondomar. O alcalde en funcións, Carlos Silva e o alcalde virtual Antón Arauxo, cruzaron acusacións respecto dos contidos de eses papeis queimados.
Segundo o primeiro se tratarían de antigos boletíns e material inservible, segundo o nacionalista podería ser información confidencial que comprometían ao actual goberno en funcións.

Mantendo ao marxe o contido desa documentación resulta curioso a forma de aplicar a Lei Orgánica de Protección de Datos que teñen neste concello.

Estaría por asegurar que sendo a administración a que vela por garantir esta protección sobre os datos persoais, son os primeiros en incumprila, e algún con nota.

Moitos de nós escoitamos algunha vez historias de promotores chamando aos donos dos terreos ao seu teléfono do domicilio.
Algo curioso cando as titularidades das fincas son privadas e protexidas pola LOPD e ninguén pode facilitar esa información. Nin o catastro nin o concello.
De onde virá enton eses números de teléfonos? Se isto ocorre coas titularidades das fincas que non podería pasar con outra información: civil, sanitaria, xurídica,....

Pois a cousa ten máis trascendencia da que parece e deberiamos tomar en serio e saber que é o que se fai no noso concello coa nosa información persoal. 

Destruir sí, pero cómo?.
Moitos pensaban que tiralo ao colector de papel era unha solución. Fai meses escoitamos noticias sobre esta temática.
Nunha cidade, ata coido que galega, apareceron nun colector de papel caixas de documentación con datos sobre multas, direccións persoais, matrículas de coches, etc... 

Esta noticia puña en evidencia no seu momento o coñecemento que ten a administración nesta materia, onde a xustiza española insta a cumprir a todo o mundo (pemes, grandes empresas, hospitais, axencias de seguros, ... e concellos) baixo penas de multas de cifras que a nosa conta bancaría endexamais alcanzou ver.

Aquela noticia levantou a voz de alarma pero parece que a adminsitración ainda segue tomándose con licenza o prazo para a súa adaptación, formación do persoal ou o cumprimento da mesma.

Destruir papeis do concello de Gondomar.
Descoñecendo o contido desa codumentación pero a verdade é que resulta sospeitoso o procedemento para a súa destrucción.
Se realmente fora material como BOEs e DOGs, non faría falta destruir nada, porque é material que podería ir directamente ao lixo, xa que non contén información confidencia nin persoal.

No caso de que ese lote de documentación tivese información persoal o lóxico sería destruirlos nunha trituradora de papel. Descoñezo se o concello de Gondomar dispón deste tipo de artiluxio. Un aparato que custa 30€ e que a propia LOPD obriga ter nunha empresa.
 
Unha vez triturada esa cantidade de papel, o lóxico sería levalo a un colector de reciclaxe, porque a información xa se pode dar como destruida e inservible.
Outra opción sería a contratación dunha empresa que se adican precisamente a esta labor, coa firma de contratos de confidencialidade, garantía de destrucción do material, etc....

Polo tanto, o procedemento da fogueira que se aplicou en Gondomar é unha auténtica chapuzada.
Dende o momento en que a documentación sae do edificio sen ser triturada e podería caer polo camiño e caer en mans alleas á persoa encargada e responsable de toda esa documentación.
Por outro lado estaría o exemplo que da o concello á cidadanía prendéndolle lume a un material que é reciclable.
Cando os mesmos políticos inauguran puntos limpos, e se lles enche a boca falando de reciclaxe e medioambente e desarrollo sostible.
 
Todos e todas agardamos que se aclare este asunto, e se tome ás medidas oportunas para que no tocante á documentación se cumpra unha lei que é para todos e todas. Incluso para a administración.