Protexer o planeta desde a escola

Imprimir
Protexer o planeta desde a escola

Salvemos o planeta
O planeta atopase hoxe en día ameazado desde moitos frontes. Por iso, a nosa escola aposta pola educación, a concienciación  e o respecto á natureza desde a máis tenra infancia, para mellorar o futuro coidando o planeta e tomando as medidas para frear o cambio climático. Sintonizar coas necesidades de manter unha actitude sostible require constancia, pois solo con esforzo se consegue concienciarnos  para salvar o noso entorno.

A clave que favorece a educación medioambiental comeza na escola e na familia con pequenos xestos que favorece a adquisición de bos hábitos que nunca se esquecen. Desde a nosa escola, alumnos e mestres, estamos concienciados en inculcar nas nosas conciencias a importancia do aforro de enerxía, a utilidade da reciclaxe de materias, do uso racional de recursos, da enerxía eólica, solar,  etc. Apagar unha luz que non alumea a ninguén, encher o lavavaixelas antes de poñelo a funcionar, recoller un papel do chan, usar as papeleira e os depósitos de reciclaxe, coidar que o noso coche queime adecuadamente o seu carburante, etc.  son outras tantas accións que se imprimen na nosa mente desde pequenos e deixan a pegada para formalizar novos hábitos de limpeza e hixiene, que nunca se esquecen.

Deixarse axudar pola ciencia
A ciencia está poñendo ó noso alcance liñas de xeradores de enerxías renovables domésticas de uso infantil co que os nenos cargan as súas pilas e crean as enerxías que necesitan para os seus xoguetes. As enerxías renovables, aquelas que non manchan nin ensucian, están chegando ós nosos fogares en forma de novos  aparatos eléctricos homologados coas tendencias de enerxías sostibles. Máis que nunca imponse a necesidade de educar no respecto, á natureza, ás plantas, ó mar, ós animais, .. porque o noso medio, a nosa “casa”  está en perigo. Cada acción nosa inflúe na conservación do planeta. Nesto, recoñezámolo, levamos moito atraso con relación ós nosos socios comunitarios ; por iso cómpre que despeguemos xa.

Por Antonio Díaz Lombardero