Prenden lume á Marisma de Ramallosa

Imprimir

Antes estaleiro agora ardendo. Asi como sona, e asi de asombrado fiquei hoxe ao ver como acontencían os feitos. Con motivo das festas de Sta. Cristina de Sabarís, a comisión de festas por primeira vez na história organiza unha tirada de fogos de artificio e lucería á media noite.

Dita organización considerou que a mellor ubicación para os dipositivos de pirotecnía non podia ser outro que a propria marisma de A Ramallosa. Esta foi a causa do incendio declarado e que afectou a parte da marisma.

Os valores naturais deste espacio quedan subliñados polo feito da súa candidatura a forma parte da Rede Natura 2000, rede de espacios naturais de significación europeia definida a partir das coñecidas como Directiva Hábitat e Directiva Aves da Unión Europea. Esta candidatura leva aparellada a inclusión na lista de Espacios Naturais enrécimede protección xeral ao abeiro do Decreto 82/1989, do 11 de maio,polo que se regula a figura de Espacio Natural en réxime de protección xeral da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia

Hoxe puiden ver como ardía por culpa da caida dos fogos de artificio. Concretamente prenderon dous focos dinstanciados da marisma, que por estas data atópase como pasto completamente seco.

O primeiro foco prendeu nada mais comezar a tirada de fogos. A tirada de fogos continuou pese a que as lavaradas de lume crecían cada vez máis e comezaban a extenderse ao longo do paso, incluso pondo en perigo a zona onde estaban depositados os fogos de artificio.

O segundo foco declarouse case ao final, e pola mesma causa. A caida dun foguete aceso. Cando isto sucedía o foco principal xa estaba extendido. Estamos falando de 30 minutos de diferencia entre un e outro.

A garda civil cercaba a zona e impedía o tránsito dos coches e o acceso. 44 minutos despois cruzaba un camión de Bombeiros de Vigo (a 17 Km) por Nigrán.

Conclusións e dúbidas que me plantexo:

Quizais o que ocorre Ã© que:

A xente sigue facendo as cousas por decisión propia. Sen consultar. O Concello non esixe permisos para este tipo de actos. Os organizadores son incompetentes e non ven o perigo e o dano que pode facer un accidente. Non saben o valor da marisma y como tal, pensan que é un pasto de labradío.

Tamén considero que ao mellor é mais necesario unha estación de bombeiros ou unha subestación, que a burrada de cartos que se gasta en concertos e chorradas varias.

¿Quen pagará os pratos rotos?¿Vaise correr un tupido velo?