Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Opinion O cruceiro de San Campio

O cruceiro de San Campio

A romaría de San Cosme e San Damian

Correo-e Imprimir PDF

san_cosmeAos comezos do outono, catro días despois de finado o verán e rematando as festas da tempada que encheron o Val do Miñor cos estralos dos foguetes resoando nos montes do Mauxo, Galiñeiro e A Groba e espallándose polo mar dende a baía de Baiona, o 26 do setembro celebrase na vila mariñeira de Baiona unha romaría en honor dos santos menciñeiros Cosme e Damian.

De Comarrupias, Pius, Estopes e outros.

Correo-e Imprimir PDF

DonasDespois dunha interesante xeira polo románico do Val Miñor, organizada polo IEM e guiada por Margarita Vázquez Corbal da Asociación “O sorriso de Daniel”, visitando as igrexas de Santiago de Parada, Santa Baia de Donas, Santa Cristina da Ramallosa e Santa Maria a ExColexiata de Baiona, onde puidemos admirar os restos e vestixios do románico, que aínda se conservan nelas a pesar das desfeitas que se fixeron no tan escaso e salientable patrimonio, -como os parche de cemento imitando bolas de pedra no tímpano da de Donas (coma se na bisbarra non houbese bos canteiros para facelas na pedra do propio tímpano), ou as reixas de plástico coas que se trata de impedir o paso dos paxaros polas seteiras das torres na Colexiata de Baiona-, descansando nunha tasca do casco vello de Baiona, atopámonos cun prestixioso psiquiatra  gondomareño que traballa en Madrid e pasa as vacacións nesa vila mariñeira.

Fernandito Popó

Correo-e Imprimir PDF

Vivía no centro de Gondomar, na rúa Eduardo Iglesias, na casa onde moraba súa irmá, casada cun importante home de negocios e personaxe de certo relevo na sociedade da bisbarra, incluíndo nela a cidade de Vigo. Pouco pasaría dos cincuenta anos, baixo, un migallo groso, quero lembrar que era algo calvo, e na faciana sempre un sorriso que o amosaba un chisco aparvado. Ao parecer, tivera un brote esquizofrénico, amainado con medicinas que o mantiñan un algo lonxe da realidade e do presente.

O tamaño dos cans

Correo-e Imprimir PDF

danes-chiNon sei se haberá algún estudo que apunte as variacións dos tamaños dos cans ao longo do tempo. Non me refiro aos do crecemento de cada can, nin os tamaños propios de cada raza, refírome ao tamaño dos cans que a cotío vense nas rúas dos pobos ou nos eidos do rural.

Os esquecidos da Arribada.

Correo-e Imprimir PDF

pasaporteHai poucas datas saía na prensa a nova de que o actual rexedor da vila de Baiona, o alcalde Almuíña, elevaba ao Goberno de España a protesta pola falla da referencia que nos Pasaportes se fai da volta das naves que tornaban da descuberta das Américas, pois o gráfico da viaxe sinala o porto de Lisboa esquecendo que o primeiro porto que soubo a nova foi Baiona coa arribada da carabela a Pinta patroneada por Martín Pinzón.

Nolo

Correo-e Imprimir PDF

Cando naceu, súa nai púxolle de nome Manuel, non se sabe se en recordo do pai, nunca se soubo quen fora, pois porque ela nunca o dixo. No lugar tirábanlle por Manoliño. Pero el, en canto pasou de picariño, dicía e gustaba que o chamase Nolo.

Agora e tempo de lampreas

Correo-e Imprimir PDF

Diapositiva1Así é. Pasado o Nadal, comezan a subir polo río que as veu nacer hai arredor duns sete anos, de volta da misteriosa viaxe que as levou ata o mar dos Argazos sen que ninguén saiba, ata agora, o motivo de tan longa viaxe. Certo que a viaxe, aínda que longa, non é de esgotar moito, porque tanto na ida como na volta, aprovéitanse doutros peixes aos que se prenden coa boca, que teñen chea de afiados dentes. E non só viaxan de balde, senón que é a mantido pois zúganlle o sangue ao pobre do peixe. Tampouco se sabe como adiviñan o camiño que levan os peixes aos que se prenden, non llo preguntarán a sabendas do pago que lle van dar polo porte para que as leve, ou os leve, que hai machos e femias, preto do lugar onde queren chegar.

É tempo de Nadal.

Correo-e Imprimir PDF

O sol asomase ao Val Miñor polo alto de San Antoniño, non moi cedo, sen quentura para deter a xeada que aínda campa nas herbas, nos recunchos umbráticos dos camiños e ao pe dos carballos. A friaxe dos seus raios enche de ouro a paisaxe salientando o amarelo dos vimbios que esperan o San Amaro, as vides non están podadas e as vidras semellan longos dedos deformados pola artrose. Arríncanse reflexos aceirados no río Miñor e no esteiros da Foz salpican as alburas das gaivotas ou das garzas remexendo as augas e axotar uns invisibles bechos que, facendo estraños e xeitosos movementos de danza, atrapaba co largo pico. No mar, resalta a branca escuma na rompente dos Farallons e nas illas, unha brétema, coma unha tea de araña, acabara, en canto o sol baixe por detrás da Groba, espallándose polo Val todo, envolvéndoo de noite e de friaxe.

¡Coidado co home!!!!!

Correo-e Imprimir PDF
Cabalos

Tan só cinco días despois de que dúas eguas aparecesen mortas a tiros no municipio pontevedrés de Cuntis, acontece a morte a tiros duns 25 cabalos nos montes de Rebordelo e Carballedo do municipio pontevedrés de Cotobade. Os disparos que acabaron coa vida dos equinos foron realizados cun rifle do calibre 22. Ao parecer, máis dunha persoa pode ser responsable da matanza e coñecían ben o que estaban a facer pois a maioría morreron por disparos na barriga que os levou a morrer no monte lonxe do lugar onde foron feridos e se non se atopan logo, pódese atribuír a súa morte a enfermidade ou ataque do lobo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL