Domingo, 19 Sep. 2021

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Opinion O cruceiro de San Campio

O cruceiro de San Campio

Cogomelos

Correo-e Imprimir PDF

Para María (Ela xa sabe que é para ela)

Nesta bisbarra non é moi doado para a xente gozar do pracer gastronómico dos cogomelos aínda que o pasado ano os mesóns e casas de xantar fixeron unhas xornadas para dar a coñecer as delicias da súa degustación e fomentar o consumo de tan delicioso manxar. Maiormente, os cogomelos que ofrecían trouxéronos de fóra pois tampouco nesta bisbarra hai moita xente que os apañe e distinga os comestibles daqueles que no o son, e inda peor, os que poden provocar doenzas ou a morte.

O Foucellas

Correo-e Imprimir PDF

Lembranzas da miña infancia. Érache eu un rapaz de doce anos cando por mor de curar unha doenza, endémica naquel tempo da post-guerra, ingresáronme meus pais no sanatorio que os irmán La Calle tiñan na Estrada. Era o ano 1947 e seguín volvendo á Estrada polos veráns hata o ano 1952.

O mudo

Correo-e Imprimir PDF

¿Algunha vez oíches cantar a un mudo?.  Pois “O Mudo” da Ramallosa, o que estaba sempre no Bar do Centro cando non ía pescar, cantaba, ou polo menos unha noite en Baiona no bar do “Gringo” cantou.

Despois dunha gran cea –pato estufado cociñado pola muller do “Gringo” en pago doutro pato vivo que ela gardou no  curral- unha enchenta para o “Mudo” que xaxuaba as máis das veces, e unha farta de viño, que iso era mais cotián para o “Mudo” pois combatía o bacilo de Kock con grandes cantidades de alcohol xa fose en viño ou en augardente.

Milagros “a de Peitieiros”

Correo-e Imprimir PDF

Feira da Ramallosa. Foto IEMQuen sería aquela muller? 

Fraca, alta, de pelo longo e case branco segundo se amosaba formando una trenza que lle chegaba case ata a cintura, por debaixo do pano co que sempre cubría a cachola, facíana engurrada e bronceada do sol, con fasquía de vella que desmentía o seu andar, sempre descalzo, lixeiro e nervioso. 

Sí se sabia que era ou moraba en Peitieiros, polo menos iso dicía ela, e parece que era certo pois había xente que lembraba iso. 

Jose " O dos fígados esfarelados"

Correo-e Imprimir PDF
Chamábanlle José porque daquela non se levaba falar o galego. El si falaba galego, máis ou menos, o que se falaba na bisbarra e sempre dicía a  pouco que se falase con el, que tiña “os fígados esfarelados”. 

Non se sabe por que tiña os fígados esfarelados pero o certo é que se queixaba de que non lle daban “o suisidio” e cando reclamaba o subsidio algún dereito habería de ter a el por ter enfermado no cuartel ao facer a “mili” ou noutro oficio ou traballo do que nunca falou.

O can blanco

Correo-e Imprimir PDF

Por este alcume coñecíase a un home moi difícil de clasificar como vai desprenderse deste relato.

Na voda de Celia - a irmá de Germán o que facía de matachín e era xogador de vantaxe nas  timbas que se facían no Bar Galicia, no Bar do Centro ou noutros lugares, para xogar ás cartas e era un experto nun xogo que parece que trouxeron os que volveran das Américas que se chamaba “Truco” ou “Flor”- serviu a mesa vestindo guantes brancos e dicindo que “xa os levara cando servira ao Rei cando estivo na mili”.

O galo do xefe da Estación de TEV

Correo-e Imprimir PDF
O Xefe da Estación dos Tranvías da Ramallosa tiña un pequeno galiñeiro fronte ao edificio da Estación, pasadas as plataformas de viaxeiros e entre as vías que levaban os trens para as cocheiras.
Este galiñeiro acollía unha ducia de galiñas, máis ou menos, e un galo.

Xesús. Arría o galo!

Correo-e Imprimir PDF
Nin se sabe quen era, nin de onde viña. Chamábanlle Xesús e por veces “Jesue” e os rapaces para cabrealo berrábanlle “Xesús. Arría o galo!”.O caso e que cando o cabreaban baixaba os pantalóns e botaba a correr, para onde fose, berrando coma un poseso A culpa de que eu ande así tena Franco!.

Cristo Loureiro

Correo-e Imprimir PDF

O tranvía Vigo-Baiona. Foto IEMChamábanlle “Cristo” ou “Cristo Loureiro” e non se sabe o motivo ou a razón d’este alcuño.

Era un tipo moi pintureiro, moi fachendoso e coidado de si. Para presumir entre as mozas afeitábase as entradas do pelo da cabeza para semellarse ao galán do cine Charles Boyer que estaba moi de moda.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL