Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Xa cantou o cuco

Correo-e Imprimir PDF

val1Si, xa se oíu o canto do cuco e iso quere dicir nestas bisbarras que acabou a tempada na que a lamprea, ese estraño e prehistórico peixe, sobe polos ríos galegos para asentar neles o desove do que nacerán as crías que despois dunha longa viaxe polos mares oceánicos atlánticos volverán ao mesmo lugar cerrando o seu ciclo vital, xa deixou de estar no seu máis alto punto da exquisitez gabada polos “gourmet” e xentes das ribeiras do Tambre, do Ulla, do Miño,.. cociñadas de moitos xeitos, prevalecendo a guisada á “bordalesa”.

[1]Tamén a finais do inverno, cando as grandes garzas azuis volven aos ríos da costa do estado de California no océano Pacifico, este outro paxaro anúncialle aos indios yurok que viven nas ribeiras do río Klamath a chegada dun peixe, parecido ás serpes, e é especie que data de séculos, que son na realidade as lampreas do Pacífico, e son a base da súa alimentación e moi gabadas pola súa exquisitez. Varía moito o xeito e as artes da pesca. Pescan na desembocadura do río aproveitando a marea baixa e cando o peixe cabalga na onda para subir ao río para desovar, antes de romper a onda lánzanse cara a el cravándolle un gancho con que o sacan da auga e voltean con forza por riba da cachola para que non se escorregue e escape.

val2

Estes ganchos decóranos como amuletos que lle acadan as mellores pescas.

val3

Parece que tamén se queixan de que os embalses e vertidos están a minguar as pescas segundo o Servizo Federal de Pesca e Fauna.

Pero sexa na nosa terra ou no alén do oceano, ao parecer, a vida destes peixes márcana os paxaros.

Antonio Valverde Alonso

Val do Miñor Maio 2015



[1] PATRICIA LEIGH BROWN New York Times International Weeklly El País 14/05/2015