Nace unha plataforma contra o Plan Vigo Íntegra en Gondomar

Imprimir

O auditorio municipal de Gondomar quedou pequeno a última hora do martes para acoller a todos os veciños que acudiron para formar a plataforma en contra do proxecto Vigo Íntegra.

Máis de medio milleiro de persoas acudiron á cita convocada por unha comisión xestora formada por veciños de todas as parroquias. A asemblea serviu para pór de manifesto a enorme inquietude que orixinou en todo o municipio a intención da Xunta de crear dous novos viarios de paso cara a Vigo que dividirían o Concello e arrasarían unha gran cantidade de propiedades privadas.

O obxectivo prioritario desta nova plataforma será conseguir que o goberno autonómico retire as previsións de construír unha vía de alta capacidade de Vilaza a Couso e a circunvalación da vila condal.

En primeiro lugar, presentarán unha alegación colectiva de todos os veciños na que incidirán nos aspectos como o uso do chan, o impacto ambiental e paisaxístico, os danos ao patrimonio histórico, as alteracións da estrutura demográfica ou o illamento ao que condenaría á maioría das parroquias de Gondomar polo feito de crear unha barreira artificial.

Continúa na Voz de Galicia