O Concello de Nigrán implanta o aparcamento en espiga no centro urbano.

Imprimir
varandillasNigran3

Dende a alcaldía argumentan que este tipo de estacionamento favorece a seguridade ao eliminar ángulos mortos e aporta un aforro de superficie dun 10% por praza.

Sinalan que seguindo as directrices de traballo de "Un Nigrán para todos" instaláronse varandas en Rosalía de Castro, Alcalde Manuel Alonso, paseo de Panxón e Praia América

Advirten que a medida tomouse xa que de momento se carecía de ordenación algunha ao non estar marcadas as liñas, e ao mesmo tempo se instalou varandas para aumentar a seguridade peonil.

Salientan que ambas medidas, xunto co pintado de novas prazas para discapacitados e zonas de carga e descarga, supoñen un cambio en todo o centro urbano para facelo máis accesible e seguro, acorde así ao proxecto "Un Nigrán para todos".

A instalación de varandas nas rúas Rosalía de Castro (fronte o Concello), Manuel Alonso, paseo de Panxón e Praia América contou cun orzamento de 5.000 euros. "É algo moi básico que se pediu dende o grupo de traballo de 'Un Nigrán para todos' porque beneficia a nenos, anciáns e todas aquelas persoas con problemas de equilibrio ou que precisan sentirse seguras ante un desnivel ou escaleiras", explica o alcalde, Juan González.

Por outra banda, o Concello apostou no centro polo pintado de aparcamentos en espiga ou en batería "marcha atrás", o que supón unha mellora da seguridade ao eliminar ángulos mortos de visibilidade e saír no sentido da marcha.

Engaden que ademais, evita os accidentes leves que se producen máis frecuentemente ao saír marcha atrás e aforra un 10% de superficie por praza. "Con este sistema, nunha única manobra o vehículo emprega un ancho de praza menor ao estacionar marcha atrás, pois ten un radio de xiro e unha marxe de movemento maior. Por outra banda, o aparcamento en espiga tamén facilita a carga/descarga, á vez que reduce o número de atropelos, e reduce a velocidade de circulación", sinalan.