Comezan as declaracións de empresarios polos presuntos amaños de concursos en Nigrán. #OperaciónPatos

Imprimir
Alberto Valverde y Jos lvarez

O Xulgado Nº 7 de Vigo retomou este mércores os interrogatorios a empresario supostamente vinculados á trama de influencias e amaños de concursos denominada Operación Patos. A sala viguesa debía recibir hoxe a nove construtores para prestar declaración por suposta colaboración nos amaños de concursos en Vigo. Mañá xoves será a quenda para os empresarios vinculados a Nigrán, Vicente Costas e Antonio Vidal. Como parte da mesma investigación vencellada a Nigrán o martes 19 deberán declarar os empresarios Andrés Gonzalez e Miguel Alejos.

O caso Nigrán vén sendo investigado como peza separada, como adiantar La Voz de Galicia o pasado 12 de xaneiro. A investigación da Operación Patos levou a xuíza de instrución número 7 de Vigo a imputar a 51 persoas . Entre estes imputados pola xustiza se atopa o ex concelleiro responsable de Vías e Obras de Nigrán, o popular José Álvarez, quen defendera a súa inocencia publicamente. No mesmo casa a maxistrada desestimou as imputacións ao ex alcalde Alberto Valverde así como ao Secretario do Concello e a presidenta da asociación de veciños Pedra Moura (en relación cunha subvención).

Pola súa banda, pola peza separada de Ponteareas, terán que acudir aos tribunais desta vila o 15 de xaneiro o exalcalde da localidade Salvador González, e o 29 de xaneiro comparecerán a secretaria municipal Pilar Rodríguez e a entón concelleria de Facenda Belén Villar. En febreiro continuarán as comparecencias coa interventora municipal e en marzo cun técnico.