A lonxa de Panxón atende o público pola mañá mentres avanzan as obras de recuperación das instalacións.

Imprimir
lonxa-panxon-1

Operarios do Concello de Nigrán atópanse esta semana traballando na lonxa de Panxón para acometer as reformas esixidas pola Xunta na súa inspección. Dende o Concello sinalan que paro o final da semana estarán completamente remodelados os dous aseos e correspondentes lavabos e, a maiores, instalarase un fregadeiro.

A lonxa mantén a venta directa de capturas no horario de 9.00 a 11.00 da mañá baixo a supervisión e control de persoal da confraría A Anunciada.

Obras.

Segundo detalla o Concello, as s obras inclúen habilitar unha oficina para que os traballadores da confraría A Anunciada poidan desenrolar a súa labor máis comodamente. A obra está sendo realizada polos propios operarios municipais co material empregado na reforma que a anterior corporación fixera no almacén alugado polo Concello na rúa dos Pazos.

Aproveitamento de material

Obra “onde se gastaron 30.000 euros en dous vestiarios que finalmente non se chegaron a empregar nunca. A concellería de Vías e Obras aposta por seguir reciclando material en futuras actuacións”, sinalan .

Recuperación da lonxa

Lembran que a lonxa de Panxón recuperou a súa actividade o pasado 23 de marzo despois de “case tres anos de parón (durante este tempo so se dedicaba ao polbo pero sen poxa, baixo demanda)” . Decisión que adxudican ao anterior patrón da confraría de pescadores A Anunciada, “que optou por centralizar toda a actividade en Baiona por motivos de rendabilidade”.

Sen embargo, a nova presidenta do pósito, Susana González, e o Concello de Nigrán decidiron recuperar o funcionamento da lonxa. Así, catro mariñeiros da confraría realizan unha venta directa das súas capturas de 9.00 a 11.00 baixo a supervisión e control de persoal da entidade. Trala chegada a porto das capturas se pesan e etiquetan para poñelas alí mesmo á venta.