O goberno de #Nigrán reclamará 8 árbores non colocadas que figuraban no contrato da praza do Concello.

Imprimir
praza concello3

Denuncian que colocáronse en substitución especies de menor valor da estipulada no contrato.

O espazo proxectado polo anterior goberno tivo un orzamento de 218.456 euros "e non inclúe rego automático", sinala o goberno de Nigrán.

Denuncian que a escasa cantidade de terra que poden conter os parterres impide que moitas árbores enraícen como é debido

 

O Concello de Nigrán anuncia que reclamará a través da Deputación de Pontevedra que a empresa construtora da súa praza peonil, Excavaciones Pérez, entregue oito árbores contempladas no contrato "que nin foron plantadas nin o anterior goberno as reclamou nunca", sinalan nun comunicado

Detallan que trátase de seis unidades de lagerstoremia índica L (conocida como espumilla o árbore de xúpiter) e dúas unidades de citrus aurantium (un tipo de laranxo ornamental).

Sinalan que estas foron substituídas "sen ningún tipo de explicación por 14 cipreses, especie de moito menos valor económico que as oito árbores en cuestión"

Un informe da enxeñeira municipal indica que o caso "será remitido á Deputación que non era coñecedora nin aprobou a supresión das árbores comprometidas no contrato, estando aínda a obra en garantía".

Por outra banda, o Concello lamenta que "pese a contar con un cuantioso orzamento de 218.456 euros para a súa execución, os parterres da praza fosen construídos de tal xeito que apenas conteñen terra, o que dificulta o bo enraizamento das árbores e propicia que se sequen pese ao rego continuo que si lle aplica manualmente a empresa concesionaria Talher".

Salientan que "sorprendentemente, os xardíns da praza carecen de calquera tipo de sistema de rego automático, básico nunha superficie de este tipo feita hai tan pouco tempo."

"O xardín estivo meses sen regar dende que se finalizou a obra ata que finalmente o Concello a recepcionou en marzo co fin de inaugurala a escasos días das eleccións municipais. As árbores non se plantaron polo tanto nas mellores condicións, polo que algunhas delas secaron e queremos substituílas cas que non foron entregadas", comenta Rubén Rial, edil de Vías e Obras.