#Nigrán presenta un recurso ante Augas de Galicia para viabilizar o abastecemento de auga a Parada.

Imprimir
pleno nigran 2015

O organismo autonómico comunicou esta semana a súa decisión unilateral de cesar o citado acordo por suposto "incumprimento"

Os 17 edís facultaron ao alcalde a que interpoña un recurso contencioso administrativo se a Xunta de Galicia mantén a súa decisión de anulalo

O Pleno do Concello de Nigrán aprobou onte con tódolos grupos a favor o convenio de abastecemento de augas á parroquia de Parada. A cuestión figuraba na orde do día pese a que o 27 de xullo o organismo Augas de Galicia comunicou por escrito ao Concello a súa revogación alegando "por incumprimento".

A decisión de Augas de Galicia foi obxecto dun pronunciamento contrario e rexeitado contundentemente polo goberno e demais partidos da oposición.

De feito, a corporación por unanimidade acordou aprobar o punto tal e como estaba previsto e como requiría Augas de Galiza para seguir adiante. A súa vez o goberno municipal anuncia nesta xornada que "hoxe mesmo foi enviada á Consellería de Medio Ambiente o certificado do Pleno acreditando a disponibilidade dos terreos, como era necesario".

 

Recurso presentado
Ao mesmo tempo, e tamén por unanimidade, se decidiu engadir unha enmenda que di textualmente: "Solicitar a Augas de Galicia que, á vista do presente acordo e demais circunstancias concorrentes, deixe sen efecto a súa decisión de 27 de xullo de 2015 (entrada nº 9.467 de 29-07) de resolver o convenio asinado o 23-12-2013, no que se enmarca a presente obra. De non producirse tal revogación, facúltase á Alcaldía para que formule o requirimento previo á interposición de recurso contencioso administrativo".

O alcalde socialista agradece o apoio da oposición.
"Agradecemos a actitude de tódolos grupos políticos porque respaldaron de xeito contundete á alcaldía para que este convenio non se revoque, pensando todos no benestar da parroquia de Parada, en concreto do barrio da Lagoíña, para que non quede sen saneamento por unha actitude incomprensible e inxustificable por parte da Xunta", defende Juan González, alcalde de Nigrán.

Antecedentres
O convenio asinado en 2013 polo que se levaba a cabo a obra de saneamento e abastecemento ás parroquias do municipio de Nigrán contaba cunha dotación de 800.000 euros por parte da Xunta de Galicia e de 200,000 por parte do Concello de Nigrán. No caso concreto de Parada, tiña un orzamento de 553.216,85 euros. Razón pola cal, sinala a administración "era considerada como prioritaria polo actual goberno, por iso a cuestión foi levada ao seu primeiro pleno".

Engaden que os veciños desta parroquia e de Parada, ao igual que en Camos, abastécense mediante pozos ou traídas comunais que se nutren de manantiais, polo que o goberno entende que se debe dar resposta a esta demanda histórica de xeito inmediato.

Â