#Nigrán : Oito auxiliares de policía reforzan o cadro fixo nos vindeiros seis meses.

Imprimir
rial juan polis

O Concello de Nigrán anuncia a contratación de oito auxiliares de Policía Local que prestarán apoio ao cadro fixo, desenrolando o seu traballo no municipio durante seis meses. O novo persoal, que xa exerce dende o 15 de xullo, foi recibido hoxe polo alcalde Juan González e por Rubén Rial, concelleiro de Vías e Obras, Servizos Urbanos e Seguridade.


En total, inscribíronse ás probas de selección 58 persoas e finalmente foron preto de trinta os que se presentaron tanto aos exames físicos como teóricos, sinalan dende o Concello.
"O obxectivo da súa contratación é ofrecer un mellor servizo a cidadanía, sendo a súa presenza especialmente importante durante estes meses de verán, xa que o municipio multiplica a súa poboación", sinalan dende a alcaldía.