UCN acusa ao voceiro do PP : “O ancho do embude para el e a parte estreita para os demais”

Imprimir

O portavoz do partido independente, Unión Centrista de Nigrán (UCN), "lamenta a actitude sectaria do PP e o exalcalde Alberto Valverde, ao suscitar recurso contra o acordo plenario polo que se aprobou por ampla maioría e cos votos favorables do PSOE, Nigrán-Decide, BNG e UCN, que tanto o partido Independente como o BNG puidesen constituírse como grupo municipal propio, e non agruparse ambos partidos baixo o grupo mixto, como sucedeu na pasada lexislatura co PP no goberno, evitando así dar participación e pluralidade a todos os membros da corporación, especialmente nas comisións informativas". O tema será tratado o vindeiro xoves na comisión informativa do pleno.


UCN non entende "como un asunto pouco relevante, que non xera un maior gasto para as arcas municipais, nin tampouco prexudica a ningún grupo político, o exalcalde e portavoz do PP Alberto Valverde, empéñase en torpedear, amparándose nunha suposta ilegalidade recollida nunha normativa autonómica, que cando menos é discutible, ao amparo da Lei 7/85, de 2 de abril, de Bases de Réxime Local, así como no Real Decreto 2586/86, de 28 de novembro, de Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROF), onde non establece ningún mínimo de concelleiros para formar grupo municipal".
Sinalan que cabe citar respecto diso, sentenzas do Tribunal Constitucional, entre outras, do 21/12/89 e 25/1/93, así como do Tribunal Supremo do 15/9/1995, na taxativamente establece "que para a configuración o grupo mixto -tal e como pretende o PP-, esixe un acto de vontade do Pleno da Corporación a través dunha norma de Organización, constituíndo unha cuestión propia de regulación dos regulamentos de cada Corporación...", e que no caso de Nigrán non existe.
Así mesmo, UCN agradece ao PSOE "o seu receptividade e apoio desde o primeiro momento a que ambos grupos funcionemos de forma autónoma, dando así a máxima participación e pluralidade política á vontade dos veciños expresada nas urnas".
Fernández Comesaña, afirma non entender " como agora o portavoz do PP volveuse tan exquisito coa legalidade -nun asunto nada relevante-, mentres acumula ás súas costas preto de 2000 informes de reparos de legalidade formulados pola Intervención Municipal durante o seu mandato -algúns moi comprometedores-, e que non lle tremeu o pulso para levantalos sistematicamente, por decreto".
"Esta é a coherencia que demostra o portavoz do PP?. O ancho do embude para el e a parte estreita para os demais, polo que sería aconsellable que tamén se mirase ao espello, tal e como lle recomendou un barón do seu partido ao Sr. Rajoy", sinala.