Inaugúrase a tempada estival en #Nigrán : Os areais do Lourido visten de azul.

Imprimir
bandeira-azul

Para os veciños segue a ser a praia de Lourido inda que Praia América sexa o topónimo imposto a forza de reiteración. Pero máis alá do nome, o certo é que por 24ª vez e de xeito consecutivo os seus areais gozan dunha bandeira azul como distinción da súa calidade medioambiental. Galardón que esta tarde tivo o acto de izado da man do alcalde Juan González e o seu homónimo de Gondomar, Francisco Paco Ferreira en calidade de presidente da Mancomunidade do Val Miñor.


Con este acto, no que os alcaldes estiveron acompañados polo equipo de goberno de Nigrán e mais a concelleira Nuria Lameiro de Gondomar, deuse por inaugurada oficialmente a tempada de verán no municipio. Dende fontes municipais infórmase que esta actuación complétase coa incorporación de socorristas e o equipo de Protección Civil .