José Cuevas nega calquera contacto co PP para non investir ao socialista Juan González en #Nigrán.

Imprimir
juan gonzalez

Nin falou co PP nin pasoulle pola cabeza calquera movemento político que implicase pactar cos populares nin promover outra investidura que non sexa a do socialista Juan González. Así declaro foi o edil electo por Nigrán-Decide, José Cuevas ao ser consultado sobre unha presunta manobra do PP para levalo á alcaldía cos seus votos e algún aliado máis. O rumor partiu tras unha reunión dos populares onde se tería especulado cun movemento político a tal fin. Feito que provocou que o tamén edil por UCN, Antonio Fernandez Comesaña saíra aos medios nesta xornada a declarar que tampouco el formaría parte de calquera pacto para impedir a investidura do número un do PSOE de Nigrán.

Pola súa banda, José Cuevas salientou que o seu grupo simplemente segue con expectativa a resposta que quedou en dar oficialmente o PSOE ás 37 iniciativas presentadas o pasado martes. Bases programáticas que N-Decide entende de urxente necesidade a curto e mediano prazo no concello á vez que unha base firme para un mandato de entendementos cos socialistas.