Xuntanza informativa das Marchas da Dignidade este martes en Nigrán

Imprimir
29N valminhor

Este martes 11 de novembro ás 20 horas terá lugar unha reunión informativa da coordinadora do Val Miñor que prepara a participación nas Marchas da Dignidade do 29N en Compostela. Será no local Black&White na Avenida Val Miñor, número 47. Falarán Estela Miller, Manolo Camaño e Carlos Costoya.