UCN endurece o enfrontamento o alcalde de Nigrán e adianta que votará en contra a proposta orzamentaria.

Imprimir

UCN insiste que votará en contra da proposta de orzamentos elaborada polo equipo de goberno de Nigrán “non só polo desprezo e falta de respecto ás propostas formuladas polo noso grupo, senón tamén a que se trata dun orzamento baseado no incremento da presión fiscal aos veciños”.  Segundo o edil Fernández Comesaña (UCN), o mesmo plantexa incrementos do IBI, así como da ordenanza de carruaxes “que supuxo un incremento de máis do 200% en vivendas”.  A iso agrega a recadación por multas de tráfico “que o ano pasado foi duns 180 mil euros, e que este ano incrementan en case un 6% pasando a 190 mil euros, o que demostra un desmesurado afán recadatoiro, así como no servizo de abastecemento de augas que se cobra por un mínimo de 60 m3 trimestre, independentemente do consumo real, o que invita ao despilfarro, no canto do seu cobro por consumo real, que resulta máis racional”.

Sinala que o orzamento está en moitos aspectos cuestionado polo informe do Interventor, onde advirte “que se deben suprimir as partidas estrelas do goberno por importe de 110.000 euros, de subvencións para fomento do emprego, que o alcalde vendeu como algo marabilloso, e que non poderá realizarse por non ser unha competencia municipal, segundo advirte o Interventor no seu informe”.

UCN: As acusacións de “chantaxe” que fai o alcalde de Nigrán á oposición son “falsas e indecentes”.

O portavoz da formación Unión Centrista de Nigrán, (UCN) Antonio Fernández, rexeita as acusacións de chantaxe da oposición vertidas polo alcalde Alberto Valverde, por “falsas e indecentes”. Asegura que as mesmas “o que vén demostrar unha vez máis é a súa falta de talante e cultura democrática, ignorando o valor dos acordos aprobados polo Pleno como órgano supremo da vontade popular, e que o incumprimento dos seus acordos deslexitima a quen os incumpre, e polo tanto non merece ser respectado”.

UCN pregúntase, si o feito de perder a maioría absoluta, “foi culpa tamén da oposición?” . O edil Fernández arremete contra Valverde ao que chama  “dictadorzuelo”, á vez que “incapaz de dirixir e coordinar a un propio equipo de goberno que está á deriva, un goberno que lle custa a todos os veciños máis de 260.000 euros anuais, entre dedicacións exclusivas, parciais, persoal de confianza, seguridade social e asistencias a órganos colexiados”.

Engade que si de algo pode presumir, “é de bater o record que a metade de lexislatura perda a maioría absoluta e unir a toda a oposición na súa contra, é un mérito que lle honra, e que no seu partido estarán moi orgullosos do bo traballo realizado”.