Centenares de contenedores, algúns deles con lixo, acumulados en Porto do Molle dende fai 8 meses

Imprimir
Moitos dos contenedores están cheos de restos de xardinería e lixo en descomposición.
Os contenedores apílanse principalmente nuna das rúas de Porto do Molle.
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A imaxe xa forma parte da estampa de Porto do Molle en Google Maps dende fai meses e mesmo algúns veciños chegaron a bautizar a rúa como "a calle dos contenedores".

Un centenar de contenedores de carga lateral atópanse apilados no parque de Porto do Molle adornando unha das rúas do polígono. Trántanse dos contenedores que a empresa CESPA, concesionaria do servizo de recollida de residuos sólidos urbáns no concello de Nigrán, substituiu no ano 2013 tal e como era preceptivo no controvertido contrato público asinado por esta hai nove anos.

Moitos dos contenedores están sendo utilizados por empresas de xardinería para depositar restos de podas aproveitando a falta de vixilancia e o illamento que ten a zona. Unha práctica ilegal que incrementa o custe do volumen de residuos procesados, e que as empresas de xardinería están obigados a costear pola súa conta.

Actualmente os contenedores están ateigados de lixo en estado de descomposición, mezclados con auga das fortes choivas dos pasados meses, o que supoñe un perigo para a saúde, tal e como establece a lei vixente.


Moitos dos contenedores apilados atópanse en bo estado, e poderían ser reutilizados en moitos puntos que presentan carencias de espazo, ou mesmo na tempada de verán onde Nigrán multiplica a súa poboación. 

O PSOE de Nigrán pide ao Consorcio de Zona Franca que inste ao concello a retirar os contenedores polo perigo que supón o lixo en descomposición coa chegada do calor, así como polo deterioro da imaxe do polígono.