A Policía Local detén a un veciño de Nigrán por un delito de violencia de xénero.

Imprimir

A Policía Local de Nigrán comunica que procedeu á detención dun veciño da localidade de 51 anos de idade que responde ás iniciais de E.V.A. por violencia de xénero. A chamada dun veciño por unha forte discusión nunha vivenda próxima á súa alertou ao corpo de seguridade local, que se desprazaron ata a casa en cuestión.

Segundo reporta o informe policial, os feitos tiveron lugar durante a fin de semana pasada. O reporte sinala que o home negou calquera problema na casa, cando os policías acudiron. Mais a patrulla sospeitou o contrario cando dende o exterior da casa observaron a unha muller nun corredor con claros síntomas de nerviosismo
Os axentes optaron por falar con ela a soas, e é aí cando a muller conseguiu armarse de valor para confirmar de xeito claro que foi vítima de violencia machista, procedendo os policías á detención inmediata do agresor.