A AVV de Nigrán atenderá este domingo ás preguntas dos veciños referente ao PXOM

Imprimir
asociacions nigran cs

O próximo domingo 14 de xullo ás 11 da mañá, no colexio público Humberto Juanes en Vilameán, a Asociación de Veciños Dunas de Nigrán celebrará unha asamblea extraordinaria para informar sobre o Plan Xeral e resolver todas aquelas dúbidas que poidan xurdir a todos os veciños e veciñas.

A reunión contará coa presencia do abogado urbanismo Calixto Escariz ao que se lle poderá facer as consultas de xeito gratuíto sobre temas particulares e xerais.