
Este acordo estabelece que a Xunta aportará 1.281.558 euros para as obras de execución do bulevar-circunvalación de Praia América, mentres que o concello pagará 500.693 euros. O concello deberá aportar o proxecto técnico, asumir o 20% das obras da estrada e o 50% das obras de "diversas rotondas". Asimismo o concello deberá ocuparse das expropiacións, pór os terrenos a disposición da Xunta e manter os espazos non rodados.