O PSOE denuncia o verquido dun fluído verde fluorescente na Foz do Miñor

Imprimir
Un fluído pastoso tinxiu de cor verde o río Miñor - Foto: PSOE Nigrán
Un fluído pastoso tinxiu de cor verde fluorescente o río Miñor - Imaxe: PSOE Nigrán
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte


O PSOE denuncia ante o Seprona o verquido dunha sustancia verde fluorescente e viscosa na Foz do Miñor que presumiblemente podería ser líquido anticonxelante,

As imaxes foron tomadas o pasado luns día 3 de decembro nun punto de verquido contínuo que se atopa ao carón da ponte románica da Ramallosa.

Ningún dos gobernos municipais de Nigrán foron quen, ate o momento, de por fin a este punto de verquido na Foz do Miñor, un dos máis visibles e chamativo dada a súa situación.

Juan González, portavoz dos socialistas de Nigrán, emitiu onte un comunicado informando dun novo verquido, ainda que desta vez algo máis chamativo que os verqudidos anteriores que adoitan acontecer neste lugar. Un líquido verde e pastoso tinxiu de fluorescente o lateral do río ao seu paso polas pontes de A Ramallosa. González denuncia "o desinterés de Alberto Valverde, e da inexistente concellería de medio ambiente, pola protección e pola aposta por conservar a maior das riquezas de este municipio e do Val Miñor" e  instan ao alcalde a que investigue de inmediato e "poña coto" ás multiples infraccións cometidas a este espazo natural.

González sinala que varios veciños alertaron do verquido, "alarmados" presumiblemente pola cor verde flourescente da mancha. Ante os feitos, o Partido Socialista puxo en coñecemento so SEPRONA que se personaron no lugar para tomar nota do acontecido. Un novo expediente que pasará a engrosar a lista dos centos de expedientes e notificacións que se amontonan nas dependencias do SEPRONA de Vigo así como na Consellería de Medioambiente polas contínuas denuncias efectuadas polos veciños do Val Miñor así como os da propia Garda Civil.

González esixe a Alberto Valverde "que non mire para outro lado e poña todo seu interés en colaborar co SEPRONA e por freno inmediato a este e otros verquidos sobre o Miñor e sobre os cauces que atravesan o concello".

A situación da Foz do Miñor

A "doñana galega" sufre unha carga de contaminación por verquidos e augas fecais que a mantén nos primeiros postos do ranking de zonas de marisqueo pechadas por contaminación en toda España. Actualmente só hai dúas zonas pechadas ao marisqueo por contaminación en toda España.

Ainda que os puntos principais de verquido proveñen da depuradora de Gondomar, que durante as horas de pleamar abre por completo as súas comportas e libera as augas sen depurar así como lodos fecais, Uns feitos que xa foron denunciados polo grupo ecoloxista Salvemos Monteferro perante a Comisión Europea que admitiu a denuncia a trámite; o punto máis visible atópase en Nigrán, xusto ao carón da ponte románica da Ramallosa.

Este punto de verquido que provén de conexións ilegais á rede de augas pluviais, leva anos vertendo augas fecais e contaminantes á Foz do Miñor de xeito contínuo e ininterrumpido o que denota a falta de interese por parte dos gobernos municipais que non foron nin son quen de atallar o problema de raiz. Unha "patata quente" que leva pasando de man en man sen que ningún dos executivos puxera interese en remedialo.

Segundo fontes consultadas por valminor.info, o anterior goberno socialista mandou realizar un informe deste punto de verquido en concreto, e os resultados do informe sinalaban a un edificio da rúa Damas Apostólicas como foco principal de emisión. Neste senso, o edificio en cuestión tería a súa conexión de augas fecais á rede de pluviais que desenvoca neste punto.

Equipos técnicos de Augas de Galicia revisan dende fai meses todo o litoral da Foz do Miñor para atopar e tentar subsanar todos os puntos de verquido denunciados por Salvemos Monteferro nun mapa gráfico publicado na súa páxina web. Pese a que moitos destes puntos foron subsanados, os grandes focos contaminantes como a depuradora de Gondomar e puntos situados en Borreiros e en Ramallosa parecen ter dificil solución.

O punto de verquido de Borreiros cuns niveis de contaminación que superan de xeito exponemcial, os límites de contaminación por augas fecais, teñen dificil solución xa que as estacións de bombeo de Gondomar non contan con sistemas de aviso telemáticos ou por SMS, e salvo que nunha inspeción rutinaria os operarios dense de conta do mal funcionamento das máquinas, as estacións deixan de funcionar e rebosan as augas fecais directamente ao río.

No caso de A Ramallosa todo parece ser "un misterio" xa que o concello non fixo público ate o momento ningunha medida para por fin a este punto de verquido que a todas luces resulta escandaloso para un entorno turístico e sitio de paso obrigado do recentemente inaugurado camiño de Santiago pola costa, e lugar de interese turístico visitado e fotografiado por moitos foráneos que se achegan na época estival.

Sabarís, é outro dos puntos de verquido máis visibles que secundan o dano medioambiental ao LIC A Ramallosa, en Rede Natura 2000. Puntos como a do regato da casa observatorio de aves de Sabarís, así como o regato de desdobramento do río groba, son os focos principais de aportes de augas fecais a este paraxe natural.

O pasado verán os índices de contaminación das augas obrigaban ao concello de Baiona ao peche ou recomendación de de absterse ao baño nas praias de Ladeira e Concheira, medida que non foi secundada polo concello de Baiona, incumprindo a normativa estatal relativa á salubridade das augas para o baño.

A Foz do Miñor, lonxe de mellorar os datos dende o 2010 ata o 2011, os niveis de concentración por E. Coli por cada 100gr. de molusco pasaron dos 20.000 aos 160.000 E.Coli, o que supón un incremento do 800%. 

Unha zona  é pechada ao marisqueo cando supera os 46.000 E.Coli pero os datos actuais da Foz casi cuatriplican os límites estipulados pola normativa actual.