Valverde asegura ter un plano do goberno de Juanes que contradí as actuais pegas do PSOE ao PXOM.

Imprimir
De esquerda a dereita, Alberto García concellal de Facenda, o alcalde Alberto Valverde, o ex-alcalde Efrén Juanes e o portavoz do PSOE Juan González

O alcalde Alberto Valverde amosará aos veciños un plano presuntamente feito pola administración de Efrén Juanes, onde se contemplan recualificacións de chans, urbanizacións e vieros rexeitados agora polo PSOE dende a oposición. O devandito documento -segundo o publicado no xornal Faro de Vigo- estaría datado en abril de 2011, e "coincide en más del 90% con el actual, que será modificado por las correcciones de la Xunta". Pola súa banda, o portavoz do PSOE e ex concelleiro de urbanismo Juan González, asegura que o devandito plano "no fue ni es conocido por el Gobierno anterior ni por el actual grupo Socialista y si se trata de alguna propuesta de trabajo del equipo redactor nunca y en ningún momento fue ni visto ni validado" polos técnicos municipais.

A todo isto, a empresa redactora Arnaiz-Atinsa presentará este mércores o documento do PXOM coas correccións achegadas polos técnicos da Xunta de Galicia. Inmediatamente despois, comezará unha rolda de xuntanzas parroquia por parroquia do equipo de goberno para amosar e discutir a redacción final do PXOM.