Nigrán deberá pagar 315 mil euros á concesionaria do lixo por tres anos de atrasos na revisión de prezos.

Imprimir
contenedor

O equipo de goberno de Nigrán presentou á comisión informativa previa ao pleno da próxima semana un expediente que estaba pendente de resolución dende o mandato de Efrén Juanes, para proceder ao pago de 315 mil euros,  á concesionaria da recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza pública CESPA S.A, anunciou Alberto Valverde. A cantidade é o resultante da revisión de prezos e atrasos correspondentes aos anos 2008, 2009 e 2010, informou o alcalde.

Ademais existen outros expedientes en idénticas condicións, asegurou Valverde, como unha actualización de prezos coa concesionaria do abastecemento de auga, AQUALIA, que pode supor para o concello de Nigrán ter que pagar unha cantidade “importante”; o expediente de dietas pendentes a funcionarios municipais que aprobou o actual goberno municipal no último pleno por un importe superior aos 18 mil euros; pagos pendentes con provedores que a administración estuda resolver cun recoñecemento extraxudicial de créditos; estudos e proxectos pendentes de pago, etc.

Logo de informar que o incremento da débeda municipal é de case 5,5 millóns de euros, Valverde salientou que a isto únese o enorme incremento do custo desa débeda que pasa duns 660 mil euros anuais a case 1 millón de euros a partir do 2012, o que segundo o rexedor , “es un auténtico mazazo para la economía municipal que nos obliga a tener que buscar fórmulas casi mágicas para reducir esa deuda contraída durante años anteriores”.

Alberto Valverde queixouse  que “mientras unos (PSOE Nigrán) hablan de su brillante gestión económica durante su época de gobierno, otros en la actualidad tenemos que hacer frente a sus atrasos, a esos asuntos pendientes que han dejado atrás”.