O PSOE de Nigrán condiciona o traballo consensuado do PXOM a unha desculpa pública do PP.

Imprimir
P1010335

A tramitación do Plan Xeral de Ordenamento Municipal pode deixar de ser materia consensuada entre socialistas e populares de Nigrán. Á interpelación formulada onte polo alcalde electo Alberto Valverde ao PSOE para confirmara se mantiña ou non o pacto sobre o PXOM, os socialistas responden que condicionan o seu consenso e traballo conxunto a unha "desculpa pública" por parte do PP. Os socialistas refiren ás denuncias formuladas por Valverde contra o goberno municipal 72 horas antes das eleccións municipais, nas que afirmaban que o PSOE agochaba un novo borrado do documento por "estrategia electoral".

“Nin o goberno de Nigrán nin o Partido Socialista teñen rachado o consenso polo PXOM pero esixen ao PP rectificacións públicas cando  afirmaron:  <<El PSOE de Nigrán oculta a los actuales miembros de la corporación local y a los sus vecinos y vecinas la existencia de un borrador del documento de aprobación inicial del Plan General”>>, afirma nun comunicado o concelleiro de Urbanismo Juan González.

O edil González asegura que o actual goberno municipal socialista " segue a traballar ata o último minuto de mandato coa intención de aprobar o mellor PXOM para Nigrán". Agrega que a confianza do equipo municipal de Nigrán tanto no equipo redactor "como nos técnicos municipais é absoluta pero non podemos dicir o mesmo da confianza no PP que utilizou o PXOM como arma electoral".