Comezaron as obras na Rúa San Roque na parroquia de Camos.

Imprimir
Comezaron as obras na Rúa San Roque

As  obras de urbanización da rúa San Roque na parroquia de Camos deron inicio e "porán fin a máis de 20 anos de espera por parte dos veciños de Nigrán", informou Juan González desde a Concellería de Urbanismo de Nigrán. "Despois de 15 días as obras van a bo ritmo e cumpríndose os prazos previstos" agregou. O Concello de Nigrán inviste 587.907,41€ nestas obras que están a desenvolver  a Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Hidromiño e Movexvial.

Este vial é unha obra estratéxica para o "crecemento ordenado do Concello de Nigrán e fundamental para as comunicacións de este Concello unha vez o Parque Terciario de Porto do Molle inicie a súa actividade", opinou González. As obras rematarán no primeiro semestre de 2011, teñen un prazo máximo de execución de seis meses, "e veñen a demostrar de novo o traballo do goberno Socialistas por un Nigrán para os seus cidadáns", agregou o concelleiro González.